lunes, 21 de octubre de 2019

Chéster chega á nosa aula

Na nosa aula aparece Chéster para animarnos a comezar un proxecto sobre os animais nocturnos. Recibímolo con moito cariño.


Hai algúns nenos e nenas que non rematan de adaptarse ao comezo desta nova etapa no cole, por iso, Chéster nos conta a súa historia mediante o conto de "Un bico na túa man."

Aproveitando que estamos entrando no Samaín, traballamos sobre un dos animais nocturnos característicos destas datas: o morcego.





 Tamén nos vestimos de catrinas para perder un pouco o medo a esta festa tan divertida. Traballamos os nosos medos, xa que todos temos os nosos propios.



Chéster tamén se disfrazou de catrina, así fixemos unha composición coas nosas fotos xunto coa de Chéster.

Esperamos que non vos asustedes....



No hay comentarios:

Publicar un comentario