jueves, 31 de octubre de 2019

Cumples outubro

Por fin chega o último venres de mes, nesta ocasión son Brais e Lucas os homenaxeados.

Mirade como nos poñemos as botas!



miércoles, 30 de octubre de 2019

Samaín

Para celebrar o Samaín, disfrazámonos de personaxes de conto que dan medo. Aquí tedes unha selección de fotos que nos tomamos ese día.





 Decoramos a porta da nosa clase para que metera moito medo a todos/as os que chegaban.


Os nosos compañeiros e compañeiras de primaria fixeron un fotocall moi bonito, e por detrás podemos ver a nosa decoración con vasoiras que nos mandástedes das vosas casas. Todo quedou precioso.



 Moitas grazas por colaborar e participar para que todo saise ben!



jueves, 24 de octubre de 2019

Día das bibliotecas

O 24 de outubro, celebramos o día das bibliotecas. Falamos na clase da importancia do uso da biblioteca e das normas de funcionamento da mesma.
Decoramos a nosa medalla para levar para a nosa casa empregando colorante alimenticio e espuma de afeitar.


Fixemos un conto cooperativo, comenzaba na aula de 3anos A e nós continuamos a historia para que remataran os máis maiores de infantil.
Estampamos follas para facer o fondo da nosa páxina.

Mesturando colorante alimenticio amarelo e azul, conseguimos o verde que precisábamos para pintar cunha xeringa de plástico, o noso vermiño, que era o protagonista do conto. 
Así quedou a nosa páxina, esperamos que vos guste!




 Unha vez rematado o noso conto, fomos a coñecer a biblioteca do cole cos nosos compañeiros e compañeiras de infantil para escoitar o final do conto que iniciamos os nenos e nenas de 3 anos.






lunes, 21 de octubre de 2019

Chéster chega á nosa aula

Na nosa aula aparece Chéster para animarnos a comezar un proxecto sobre os animais nocturnos. Recibímolo con moito cariño.


Hai algúns nenos e nenas que non rematan de adaptarse ao comezo desta nova etapa no cole, por iso, Chéster nos conta a súa historia mediante o conto de "Un bico na túa man."

Aproveitando que estamos entrando no Samaín, traballamos sobre un dos animais nocturnos característicos destas datas: o morcego.





 Tamén nos vestimos de catrinas para perder un pouco o medo a esta festa tan divertida. Traballamos os nosos medos, xa que todos temos os nosos propios.



Chéster tamén se disfrazou de catrina, así fixemos unha composición coas nosas fotos xunto coa de Chéster.

Esperamos que non vos asustedes....