miércoles, 25 de marzo de 2020

Nós tamén contamos

Á nosa profe encántanlle os contos, e estanos transmitindo o gusto pola lectura. Aínda que non saibamos ler, podemos contar os nosos contos seguindo as imaxes. Dásenos moi ben!







domingo, 8 de marzo de 2020

Semana da Prensa

Esta semana celebramos no cole a semana da prensa. En Educación Infantil fixémonos eco de diferentes animais que están en perigo de extinción e deixamos a nosa pegada para que non chegue o día no que teñamos que lamentar a desaparición dalgunha das súas. Na nosa clase centrámonos no koala.










Traballamos con diferentes noticias e vimos as partes que atopamos en cada unha delas.
Despois empregamos recortes de periódico para facer o noso koaliña, quedounos moi bonito!

jueves, 5 de marzo de 2020

Día Internacional da Muller

Para conmemorar o Día Internacional da Muller, fixemos un pequeno mural de mulleres escritoras da nosa historia en Educación Infantil, a nós tocounos María Mariño, e así nos quedou:




Coa colaboración das familias, creamos un mural das mulleres importantes para nós, e tamén vimos os vídeos que nos mandastes para falarnos do voso día a día.