martes, 17 de diciembre de 2019

Visita mamá Carla


Visitounos a mamá  e a irmá de Carla para falarnos sobre os animais nocturnos, sobre os que estamos a investigar na nosa clase. Trouxéronnos unhas adiviñas e contáronnos un montón de cousas dos koalas por ser o seu animal nocturno preferido.



Aprendemos moitas cousas, as que máis nos chamaron a atención foron que son animais marsupiais ao igual que os canguros, xa que levan as súas crías nunha bolsiña na barriga mentres son moi pequeniñas.





Outra cousa que nos chamou moito a atención é que só poden vivir en bosques de eucaliptos, xa que só se alimentan da folla de eucalipto, o que fai que estean en perigo de extinción pola perda dos seus hábitats, algo que nos puxo un pouquiño tristes!😔



Mais, o que máis nos chamou a atención foi que non beben auga, senón que obteñen a auga das follas de eucalipto das que se alimentan.





Sen dúbida tanto Chéster coma os nenos e nenas da nosa aula cremos que merecen o noso diploma de expertas en animais nocturnos na especialidade de Koalas.




Moitas grazas por compartir connosco todas as cousas que sabedes sobre eles!
Esperamos a próxima visita.







jueves, 12 de diciembre de 2019

Nadal




Chega o Nadal e toca cambiar a decoración da nosa porta, poñémonos mans á obra.

Así de bonita nos quedou, e moi orgullosos estamos do noso traballo.










Celebramos o día de pre- fin de ano e puxémonos así de guapos.



Cantamos a canción de Rodolfo el Reno, e fixemos uns talleres para caracterizarnos para a nosa obra!

miércoles, 11 de diciembre de 2019

Protectora animais

Este curso estamos inmersos no Plan Proxecta: Protexe os animais. A Asociación da Protectora de Animais e Plantas de Lugo, veu a contarnos por que os animais acaban na protectora e como podemos facer para coidalos e protexelos, porque sempre son unha parte importante das nosas familias, e como tales temos que coidalos.

Fan unha gran labor, porén non nos gustou o motivo polo que os animais acaban nas súas instalacións!

martes, 3 de diciembre de 2019

Día da discapacidade

Hoxe é o día da discapacidade, xuntámonos os nenos e nenas de todo o cole para cantar unha canción que estivemos ensaiando empregando a lingua de signos.


lunes, 2 de diciembre de 2019

A nosa primeira saída

Por fin chegou a nosa primeira excursión!



Imos á Fundación Abanca para ver unha exposición de Guayasamín.


Imos en autobús, e portámonos moi ben!






 Para algúns/as era a primeira viaxe en autobús pero axiña lle perdemos o medo!




Cando chegamos alí, visitamos as diferentes salas. Guayasamín pintaba sobre todo retratos, coma nós que estivemos a facer composicións de caras no cole.




Despois de ver todas as obras de arte, chega o momento de facer a nosa!


Somos uns ARTISTAS!

jueves, 28 de noviembre de 2019

Cumples de novembro

Chega de novo o último venres de mes, e con el a celebración dos cumples deste mes, nesta ocasión os parabéns son para Augusto, Alba, Diego e Luca.

Encántanos celebrar os cumples dos nosos amigos e amigas. Cantar e bailar todos xuntos!




lunes, 25 de noviembre de 2019

Día contra a violencia de xénero

Para conmemorar o día contra a Violencia de Xénero, fixemos un "lazo humano" vestidos de cor violeta no patio.






As aulas de 3 anos, clasificamos diferentes tipos de xoguetes buscando se podían ser de nenos ou de nenas.









Pero neste cole, tanto os nenos como as nenas xogamos xuntos, os xoguetes son para xogar e non teñen xénero.


martes, 12 de noviembre de 2019

As nosas caras

Neste primeiro trimestre comezamos traballando o esquema corporal, centrándonos na cara, polo que empregamos diferentes elementos da natureza para representar os diferentes elementos da nosa cara. Parece sinxelo, pero costounos o noso!



Parecémonos??


Aproveitamos tamén elementos das celebracións propias do outono como o Samaín para seguir traballando os elementos da cara, quedáronnos unhas cabazas moi descaradas!