miércoles, 26 de febrero de 2020

Visita de Cali

Visitounos na nosa aula Cali, acompañado de Augusto, a súa mamá, o seu papá e o seu hermanito para contarnos a súa historia.












Cali é un gatiño que apareceu no xardín da familia de Augusto, estaba ferido, tiña unha pupa moi grande no rabo, polo que o levaron ao veterinario para que o curara.
Finalmente tiveron que cortalle o rabo pero puido salvarse, e a familia de Augusto adoptouno e coidao moito.







Trouxéronnos un montón de fotos para que vísemos as cousas que máis lle gustan, como acompañar a Augusto ao autobús e xogar con el.
Son un exemplo a seguir! Polo que se gañaron con creces o noso diploma de especialistas en animais domésticos!


MOITAS GRAZAS POR CONTARNOS A VOSA EXPERIENCIA!

martes, 18 de febrero de 2020

Día do amor e da amizade

En Educación Infantil, as mestras Lore e María Andina, contáronnos o conto de Prohibida la Entrada a los Elefantes empregando a mesa de luz. Encantounos a experiencia, e nós fixemos a porta para permitir a entada a todo o mundo, xa que neste cole TODOS SOMOS BENVIDOS!




miércoles, 12 de febrero de 2020

Entroido

No Entroido, estivemos toda a semana a argallar. Seguimos os mandatos do MECO e puxémonos así de guapos/as:






Finalmente disfrazámonos de mapaches, representando o conto de Un bico na túa man que deu comezo ao proxecto. Sendo a profe o moucho que é tamén o profe de Chéster. Desfilamos e cantamos a canción que tanto ensaiamos.





jueves, 6 de febrero de 2020

Visita de Pepiño

Nesta ocasión visítanos a avoa de Izía, cun invitado moi especial. Pepiño é a mascota de Izía, un paxariño moi cantarín e xoguetón. 












Falamos dos seus coidados, a súa alimentación. O que máis lle gusta é xogar coa campá que ten na súa xauliña, así como co dedo de Izía.

















As mascotas son moi importantes para os nenos e nenas da nosa aula, polo que estivemos moi atentos a todo o que nos contaron sobre Pepiño.





Con todo o que aprendemos, Chéster (a nosa mascota) e os nenos e nenas de 4ºB de Educación Infantil, cremos que se merecen o noso diploma de expertos!




 Moitas grazas por compartir con nós a forma na que coidades a Pepiño.
Esperamos a próxima visita!