Lecto_escribimos

Nesta páxina vouvos explicar como traballamos a lectura e a escritura na clase, para que, se os nenos e nenas teñen interese e vos preguntan sobre este tema, continuedes na mesma liña que o estamos a facer no cole.
Hai cantidade de formas de ensinar a lectura e a escritura, como se suele decir "cada maestrillo tiene su librillo"; non hai unha que sexa mellor ca outra. Simplemente vos comento o que a min me funciona.

O máis importante, na Educación Infantil NON É OBXECTIVO QUE SAIBAN LER E ESCRIBIR, unicamente un inicio á lectura  e escritura. O máis importante é que estean preparados e maduros para poder desenvolver correctamente a lectura e a escritura cando chegue o momento. É importante enteder que non son dous procesos separados, senón que van á par e polo tanto traballámolos de forma conxunta.

Douvos estas pautas porque hai familias que me preguntaron pero  NON TEDES OBRIGA NIN NECESIDADE DE FACER ESTAS ACTIVIDADES NA CASA. No caso de querer facer algo relacionado coa lectura ou a escritura, na medida das vosas posibilidades, esta é a forma na que o facemos na aula.

Pronto continuaremos no cole!!! ÁNIMOOOO, estádelo facendo xenial!!

Se queredes compartir os vosos avances podedes facelo aquí!


Hecho con Padlet

LECTURA:

En canto á lectura traballo sempre con palabras de forma global, e en maiúsculas, palabras significativas e importantes para eles, eu preséntolle as palabras e eles vanas recoñecendo. Este curso estivemos traballando co nome dos días da semana e co nome dos nenos e nenas da clase. Neste segundo trimestre comezamos tamén co nome dalgún dos animais que fomos vendo na clase. Que recoñezan a palabra non quere dicir que saiban ler, senon que diferenzan o "debuxo" "silueta" que forma esa palabra, e buscando algunha referencia como a inicial ou se o nome é longo ou curto acaban sabendo que nome é.
Déixovos unha lista dos nomes dos nenos e nenas da clase para que, se eles vos piden, ou vos apetece traballalo con eles, saibades cales son os nomes da clase:

AUGUSTO - ALICIA- ENMA- VEGA- ARTAI- MATEO- ROCÍO- ROSA- HUGO N.- KATIA- ALEN (este nome coñéceno escrito como ALENJAR, pero len como ALEN, polo que cambiamos a ALEN a pesar de que así aínda non o recoñecen)- DIEGO- BRAIS- ALBA- HUGO P.- JAVI- IZÍA- CARLA- AROA- LUCAS- SOFÍA- LUCA- GABI- ROI.

 O ideal é que empecen por recoñecer o seu nome no medio dos dos demais.
Comezamos porque se fixen na inicial, e no caso dos nomes que repiten a inicial, buscamos outras estratexias, por exemplo: ten polo medio a B de Brais, ou é longo, é curto... Case todos os nenos e nenas son capaces de recoñecer o seu nome; unha gran parte dos nenos/as da clase coñece a maioría dos nomes dos nenos e nenas. Outra parte cóstalle cos que empezan e acaban por A, xa que son un montón!




Traballamos o inicio á lectura no momento da asamblea, polo que agora que están na casa podedes introducirlles os nomes das persoas coas que convivides, mascotas, sempre de forma global e facéndolles que se fixen na inicial.

Mateo enviounos unha foto da súa asamblea, e así é como lle presentan na casa os membros que están presentes ese día.






Para recoñecer o nome das letras, cada letra é a de algo/alguén significativo. No primeiro trimestre as letras eran de nenos e nenas: a V de Vega, a J de Javi... No segundo trimestre as letras eran de animais: a N de nutria; a R de Rato... Podedes ofrecerlle todas as posibilidades que se vos ocorran, cantas máis palabras asocien cunha letra máis doado lle será identificala cando inicien a lectura.

Contamos cantas letras ten cada nome, cantas palmadas teñen as sílabas dos nomes, cal é máis longo ou máis curto.

En canto á lectura de contos, é moi importante que lles leades contos infantís, hai cantidade deles,  os que máis lle suelen gustar son os que van repetindo e engadindo elementos novos ao discurso como por exemplo o de Coelliño Branco. Calquera de OQO ou Kalandraka están ben para esta idade. ´

Ademais de lerlles é importante que eles tamén vos lean. Se é un conto que lles gusta saberán contar a historia de memoria. Se é un conto que acabades de comprar ou non coñecen tanto, son capaces de contar en cada páxina unha historia en relación aos debuxos e así adquiren vocabulario e desenvolven a linguaxe dun xeito máis fluído ao tempo que fomentan a súa imaxinación e creatividade. Na clase facémolo moito e encántalles ser eles os que nos len, como podedes ver nas publicacións do blogue.
Esta é Naia contando un conto que se sabe de memoria, como vedes, non é necesario saber ler para contar un conto!

Para adquirir vocabulario e soltura na linguaxe, ademais dos contos outra ferramenta que lles encanta e lles axuda no desenvolvemento da linguaxe son as cancións infantís. Na web hai cantidade delas, é un recurso que podedes empregar, sobre todo no caso dos nenos e nenas que aínda non desenvolveron unha linguaxe fluída.

É moi importante que reforcedes de forma positiva todo aquelo que fan, se lles decimos que eles non saben, que o fan mal, chegará o momento no que o interioricen e xa non queiran intentalo.



ESCRITURA

É importante que non nos obsesionemos, xa que como dixen antes NON É OBXECTIVO DE INFANTIL, e aínda quedan moitos cursos no que seguirán a traballar sobre o mesmo.

Na aula traballamos de dúas formas diferentes. Traballamos a escritura de forma autónoma, co que pretendemos que o neno/a se exprese, trate de expresar o que quere dependendo do seu nivel de desenvolvemento; e a escritura máis dirixida para ir interiorizando a forma de facelo.

Os nenos e nenas pasan por diferentes niveis para a adquisición da escritura, comezando por non diferenciar entre debuxos e letras, fan culebrillas ou círculos, para despois comezar a debuxar letras, ao principio sen relación coa palabra que queren escribir, para máis adiante ir escribindo unha letra por cada sílaba ata ser quen de escribir a palabra de forma autónoma.
Unha estratexia que empregamos é a de poñer nome aos nosos debuxos, cando debuxan algo é importante que verbalicen o que están a debuxar, é a súa forma de ver a realidade, polo que é importante que o verbalicen. Unha estratexia para traballar a escritura autónoma é que eles escriban o nome do que debuxaron dentro do seu nivel de desenvolvemento, culebriñas, debuxos, letras sen relación coa palabra ou letras relacionadas coa palabra, cada un no nivel no que se atope.

Outra estratexia é a de escribir unha mensaxe que lles apeteza, algo que teñan interese en escribir en lugar de repetir palabras ou frases que non teñen sentido para eles.
Dende o comezo é importante que valoremos o que fan para que o sigan intentando, ao igual que coa lectura se lles decimos que así non se escribe, que eso está mal, enseguida asimilan que non saben e preguntan que letra vai ou como se fai sen intentalo. O máis importante é que exista unha motivación e interese por escribir e para iso debemos fomentalo os adultos. Katia envioume unha mensaxe preciosa para animar os días de encerro.





Para ir axudándolles na evolución da escritura  autónoma, tratamos de darlles algunhas ferramentas, e así traballamos a segunda forma de escritura.

Ao igual que coa lectura, comezamos "escribindo" a palabra máis significativa e importante para eles: o seu nome, empregamos sempre as maiúsculas.

Para que interioricen o proceso, empregamos recursos o máis variados posible, cantos máis sentidos interveñen na aprendizaxe mellor se interioriza a mesma, por iso:

Dubuxamos en area de cores as nosas letras. Na casa podedes empregar sal, azucre, fariña... Neste caso poñemos o nome diante, podedes comezar só pola inicial ou as letras por separado no caso dos nenos e nenas que aínda non son quen de escribir as súas letras.



Debuxamos no encerado dixital.













Compoñemos palabras con letras móbiles.Sempre que empreguemos esta actividade con modelo de palabra diante para reproducir, antes de nada debemos traballar a palabra con eles, que saiban que palabra están a reproducir. Podemos empregar letras soltas debuxadas por nós, letras debuxadas en tapóns ou as letras móbiles das que poidamos dispoñer na casa. Con esta actividade tamén poden experimentar sen modelos diante, para que de forma autónoma traten de escribir palabras que coñecen ou ben palabras inventadas.
.

Cando o trasladamos ao papel, no caso de estar traballando o nome dunha forma máis dirixida empregamos o seguinte sistema. Escribimos as letras do nome en cadros para que ao intentar transcribir comecen a colocar as letras do nome debaixo das que teñen como modelo en cada cadro. É importante unha vez máis valorar o que están a facer, eles por imitación rematarán por facer a letra convencional, antes de facela de forma convencional pasarán por moitas fases diferentes e todas están ben, recordade que non queremos que se frustren, senón que desenvolvan un interese real pola lectura e a escritura. O único no que sí que incido moito é na direccionalidade das letras, no blogue de infantil tedes a direccionalidade de cada letra. Temos memoria muscular, e unha vez interiorizamos mal a dirección de cada letra sairanos de forma automática, polo que é importante que asimilen de forma correcta por onde se empeza a debuxar cada letra, así como a dirección que debe seguir.

Ao tempo que traballamos mediante diferentes canles o trazo das letras, traballamos o son de cada unha delas. Esaxeramos o son de cada letra nas palabras para que vaian asociando o son con cada letra  en cada palabra e así o interioricen e asocien á hora da escritura de forma autónoma. Por exemplo: a palabra NENO, ao pronunciala esaxeramos cada letra NNNNNN-EEEEEE-NNNNN-OOOOO.

Estamos iniciando o desenvolvemento da lectura e da escritura e TODOS OS NENOS E NENAS se atopan dentro do nivel de desenvolvemento que lle corresponde por idade.

Para levar a cabo actividades relacionadas coa lectoescritura, empregaremos as actividades que se propoñen no blogue de infantil en  relación cos contos propostos. A maiores, propoñemos algunhas actividades relacionadas coas palabras significativas de cada conto.

"LA OVEJITA QUE VINO A CENAR"

Identificamos a palabra OVELLA e LOBO  nunha tarxeta; contamos cantas letras teñen; damos palmadas para ver cantas sílabas teñen; asociamos a imaxe coa palabra; montamos con letras móbiles as palabras coa tarxeta e o modelo diante. Podedes empregar letras móbiles imantadas, debuxadas en papel, goma eva, ou tapóns por exemplo. Estas son as tarxetas relacionadas co conto, por se queredes empregalas.


Aquí tedes unha forma de facelo:




"UN AVESTRUZ CON MUCHA LUZ"
Empregamos ao igual que no conto anterior tarxetas coa palabra FLOR, AVESTRUZ, LEÓN, e podemos realizar as mesmas actividades, imos gardando nunha caixa todas as tarxetas para que podamos xogar a identificar os nomes coas palabras. Aquí vos deixo as relacionadas con este conto por se queredes empregalas.
Podemos facer un debuxo do conto, e escribir dentro do noso nivel de escritura o que debuxamos, recordamos que as liñas, ou debuxos para eles é escritura e debemos reforzalo. Podemos transcribilo pero sempre reforzándoo positivamente para promover que o repitan e que atopen o gusto por escribir de forma autónoma.




"UN CAN E UN GATO"
Escribide o nome dalgún dos vosos amigos/as. Podedes escribir tamén o dalgún amigo/a que non estea na clase. Empregando diferentes tipos de letras móbiles podedes compoñer os nomes dos nenos e nenas e tratar de reproducilos empregando os trazos das letras. Aquí vos deixo as tarxetas para compoñer os nomes dos nenos e nenas da clase.














"EL VAMPIRO EDELMIRO"
Empregamos as letras mobiles para escribir os nomes de froitas e verduras que nos gusten, podemos empregar tarxetas como modelo, e tratar tamén de representalas tendo en conta o noso nivel de escritura.  Tede en conta que poden recoñecer as palabras e asocialas coa imaxe correspondente, pero non len, polo que a tarxeta que lles presentemos para que identifiquen co nome da imaxe ten que ser o nome que eles empregan; por exemplo, se eles din "mazá" e nós lles proporcionamos a tarxeta de "manzana", eles van identificar a palabra "manzana"e as súas letras como se puxese "mazá". Aquí tedes algunhas palabras e imaxes que podedes empregar para facer as vosas tarxetas. Hai moitas máis, asique empregade as que os nenos/as vos pidan.















"A QUE SABE A LÚA?"
Unha actividade que podemos realizar é a de ordenar temporalmente a participación dos animais no conto para chegar á lúa, déixovos as imaxes dos animais do conto para que podan ordenar . Podemos tamén empregar os nomes dos diferentes animais para compoñer empregando as letras móbiles e emparellar a palabra co animal que representa. Aquí déixovos algunhas imaxes que vos poden axudar.









OS NOSOS NOMES

Esta semana toca repasar os nomes dos nenos e nenas da clase. Xa levamos moitos días sen vernos e non podemos olvidarnos uns dos outros.





COMPOÑEMOS OS NOSOS NOMES

Esta semana imos seguir xogando cos nomes, nesta ocasión temos que adiviñar de que nome se trata e colocar as letras para formar o nome. Hai solo un nome en cada actividade, xa que a actividade non me permite poñer máis nomes na mesma. Sinto que ocupen tanto. Na pregunta ponvos SON e o nome porque non me permitía gardalo con menos de 5 letras e algúns nomes non as tiñan. A idea é que recoñezan o nome que teñen encima da resposta e logo coloquen as letras para compoñelo.
Espero que lles guste a actividade!




MEMORY N0MES

Vamos a seguir xogando cos nomes! Esta semana propóñovos memorys para que busquen as parellas de nomes que son iguais. Deste xeito, ao mesmo tempo que seguimos xogando cos nomes, traballamos tamén a atención.
Recordade que poden seguir tratando de escribir tanto o seu nome como o dos compañeiros/as en cada unha das actividades que lles propoño.






ANIMAIS NOCTURNOS

Esta semana imos a recordar os nomes dos animais nocturnos que máis estivemos traballando no cole!
Espero que vos lembredes!




ANIMAIS DOMÉSTICOS

Esta semana trataremos de recordar os nomes dalgúns animais domésticos que estivemos vendo na clase.

ÁNIMOOOO


No hay comentarios:

Publicar un comentario