Mate_xogamos

Esta pestana estará dedicada á lóxico-matemática.
Estamos traballando a lóxico- matemática continuamente, xa que os números están presentes na vida cotiá, con calquera actividade que facemos no noso día a día estamos contando ou colocando seguindo algún criterio entre outras moitas actividades.

Aquí tedes o voso espazo para compartir con todos nós os vosos avances!

Hecho con Padlet

Comezamos por traballar os conceptos de forma manipulativa antes de pasar ao papel, de forma que para eles sexa algo tanxible e non abstracto.


1º.- Preséntamoslles dous platiños para que clasifiquen en moitos- poucos; máis que- menos que; que eles teñan que poñer moitos e poucos; buscamos parellas, dámoslle un platiño e teñen que facer a súa parella; na aula colocamos dous platiños con pompóns ou con dadiños de madeira de cores, na casa podedes empregar calquera cousa contable que teñades á man: garbanzos, fabas, pezas de construción, bólas de ensartar... do que dispoñades na casa.


2º.- Unha vez sexan capaces de contar os diferentes elementos dun conxunto, seguindo a serie numérica, sen repetir ningún e sen deixar ningún sen contar, introducimos as tarxetas dos números para identificar o número coa súa cantidade. Canto máis variados sexan os obxectos que lles ofrecemos para contar mellor interiorizarán o concepto de número. Aquí déixovos algunhas tarxetas que podedes empregar para contar diferentes elementos.

Os dados son unha ferramenta mui apropiada para iniciar o conteo, xa que ás veces cústalle máis contar obxectos que puntos, e a disposición que teñen os puntos nos dados facilita o conteo.




 Con calquera das tarxetas que vos presento podedes iniciar actividades de conteo asociando o número coa cantidade de obxectos que representa.


Nestas últimas tarxetas, podedes colocar tantos obxectos como nos indica tanto o número empregando os cadriños no caso das tarxetas de arriba, como os números e dedos da man, no caso da que está ao lado.






Para realizar calquera das actividades anteriores podedes empregar as diferentes actividades que se propoñen no blogue de infantil.

GARBANZOS DE CORES
 Podedes tirar un dado e colocar en cada cor o número que sale no dado, para despois clasificar en moitos e poucos, mirar onde hai máis e onde hai menos, colocar o número de garbanzos que faltan para que sexan iguais ou colocar o número de garbanzos dunha cor para que sexa igual a outra xa dada. Aquí, déixovos un vídeo para vexades un exemplo.




BIRLOS XOGUETÓNS
No caso de non identificar os números, empregaremos só o conteo, contar cantos temos, cantos caen, cantos quedan de pé. Para comezar a identificar os números podemos empregar as tarxetas dos números e que coloquen diante o birlo que ten o mesmo número, buscar entre as tarxetas dos números cal é o número do birlo que cae.

XEOPLANO

Se fixestes o voso xeoplano podedes empregalo para que experimenten coas diferentes figuras, unha vez se familiaricen coa dinámica da goma (que non é doada e sírvenos para traballar a motricidade fina), podemos tratar de reproducir as figuras básicas, cadrado e triángulo (o círculo non queda mui real). Se lles gusta o xogo podedes empregalo para facer diferentes figuras, que lle inventen un nome ou un uso á súa figura...

FLORES DE PRIMAVERA
Podemos colocalas por orde e ir colocando as pinzas correspondentes, empregando deste xeito a asociación do número que está na flor e da súa cantidade (as pinzas), no caso de non recoñecer os números, empregaremos os puntos para o conteo e igualamos con pinzas o número de puntos. Aquí tedes un exemplo.



MACARRÓNS DE PRIMAVERA
Nesta ocasión traballamos a motricidade fina tratando de ensartar os macarróns nun espaguetti, temos que ter moito coidado para que non se rompan. Facemos series nas que se vaia combinando un elemento, por exemplo: azul- verde- azul- verde... Podemos contar cantos macarróns nos caben no espaguetti, facer unha serie numérica, empezando no número un, para ir engadindo un máis en cada espaguetti; podemos tamén empregar os dados, contar cantos puntiños nos salen no dado e ir colocando tantos macarróns como puntiños aparecen no dado.



XOGO DO DOMINÓ

A proposta desta semana consiste en xogar ao dominó, buscar as figuras que son iguais e aprender as regras do xogo.
Nas fotos, preséntovos un dominó comprado en Tiger, pero senón tedes dominós na casa son doados de facer, adxuntovos tamén diferentes dominós de números, animais, figuras e cores. En internet podedes atopar un montón deles xa elaborados, e tamén podedes facelos vós mesmos/as.

Estas son as normas que empregamos na aula para xogar:

1º.- Repartimos as fichas. Para a primeira toma de contacto, os nenos e nenas que non saiban xogar podemos xogar con todas as fichas cara arriba e ir buscando as que corresponden tendo en conta que hai que respectar a quenda que nos toca.


2º.- No caso dos nenos e nenas que xa coñezan a dinámica do xogo, repartimos as fichas en partes iguais, ao principio mellor facelo con elas visibles para axudarlles se é necesario.



3º.- Buscamos as fichas que son iguais ás que se atopan no centro e ímolas colocando. Só se poden colocar fichas nas dúas beiras. Para axudarlles, recordarémoslles que elementos hai nas beiras para que busquen entre as súas fichas se contan con algunha igual. Temos que respectar as quendas, de forma que cando poñamos a nosa ficha teñen que ir colocando a súa os demais xogadores/as.

4º.- No caso de que non podamos colocar ningunha ficha pasamos ao seguinte xogador/a e esperamos de novo a nosa quenda.

5º.- A finalidade do xogo é colocar o maior número de fichas posible, intentando pechar o “debuxo” sen que nos quede ningunha sen colocar. Non é un exercicio de competición, non hai gañadores nin perdedores, senón que de forma cooperativa, todos e todas contribuímos a rematar as fichas.




Déixovos diferentes dominós que podedes imprimir, Só tedes que premer na imaxe e no botón dereito do rato copiar a imaxe para poder imprimila.


Espero que vos guste o xogo e disfrutedes dun bo momento en familia! 



BUSCAMOS PATRÓNS!

Esta semana toca xogar coa organización espacial e a busca de patróns que sexan iguais.

QUE NECESITAMOS?

Un folio
Rotus
Batonciños


COMO O FACEMOS?

Debuxamos no folio con rotus diferentes bastonciños pintando cada extremo dunha cor.  Pintamos nos bastonciños as mesmas cores que no folio.
A XOGAR: intentamos colocar os bastonciños no seu lugat!



PASÁDEO MOI BEN!
XA QUEDA MENOS PARA PODER VERNOS!


MATES CON TEXTURAS

Esta semana a actividade que vos propoño é moi sinxeliña.
Precisades unha bolsa de conxelar con peche “zip”.
Eu debuxei números, nunha das bolsas dentro de diferentes figuras xeométricas, noutra bolsa tamén números pero desordenados. Pero podedes empregar o que queirades, figuras xeométricas, cores, tamaños...
Enchemos as bolsas de diferentes elementos que lles permitan experimentar diferentes texturas ao tocalos, dos que dispoñamos na casa,  eu empreguei xel de ducha e espuma de afeitar. Con que cubra a superficie é suficiente.

Primeiro deixámoslles que experimenten para que despois centren a atención no que está debuxado na bolsa e se fixen no que lles estamos a preguntar; por exemplo, busca o número 2.
Espero que lles guste!


O NOSO VERMIÑO

Esta semana propóñovos outra actividade para practicar o conteo.

PRECISAMOS

1 vermiño debuxado con círculos

Tapóns


Un dado

COMO XOGAMOS?

Tiramos o dado e imos colocando diferentes tapóns en cada un dos círculos do corpo do vermiño.




No caso dos nenos e nenas que sexan capaces de facelo con facilidade, poden intentar complicalo seguindo unha serie numérica con números debuxados nos tapóns.




Outra variante pode ser ir seguindo unha serie cos tapóns, con ou sen números.

Cando cheguemos ao final, debemos ter en conta que só podemos colocar os últimos tapóns se os números dos dados coinciden cos ocos do vermiño que nos quedan!

MOITO ÁNIMOOO!!







AS NOSAS COMETAS

Esta semana propóñovos outro xogo de conteo e asociación de número con cantidade.
É moi sinxeliño, só tedes que debuxar unhas cometas cun números dentro. Cada cometa deberá conter unha cola que pode ser de limpapipas, lá ou cordón.

A actividade consiste en identificar o número e ensartar tantos abalorios, macarróns ou calquera cousa que teñades pola casa, como número indica a cometa.





SERIES DE NÚMEROS
Esta semana propóñovos outra forma de facer series con números.

QUE PRECISAMOS?

Rollos de papel hixiénico ou cociña.
Tesoiras
Témperas

COMO O FACEMOS?

Cortamos os rollos de papel hixiénico ou de cociña e pintámolos. Debuxando un número en cada un deles.

A XOGAR: podemos establecer todas as variantes que nos apetezan:

Buscar parellas

Ordenar os números de forma ascendente.

Ordenar os números de forma descendente.

Sacar un número da serie e adiviñar cal falta.

Sacar un número da serie e buscar o anterior e o posterior.

E todas as que se vos ocorran.

UN BICO ENORMEEEEE

No hay comentarios:

Publicar un comentario