Psico_aprendemos

Tanto a psicomotricidade fina como a psicomotricidade grosa son necesarias para sentar as bases para o desenvolvemento de aprendizaxes posteriores.
As actividades que propoñemos no blogue de infantil en relación coa psicomotricidade son apropiadas para todas as idades desta etapa. As actividades cos garbanzos, gomas no xeoplano e ensartado de macarróns sérvennos tamén para o traballo da motricidade fina.
A maiores, propóñovos outras actividades que podedes realizar con eles relacionadas coa motricidade fina.

Aquí podedes amosarnos todas as variantes dos vosos xogos!


Hecho con Padlet

CREAMOS CONSTRUCIÓNS CON CARTÓN OU TUBOS DE PAPEL HIXIÉNICO.



Pintamos rectángulos de cartón e tubos de papel hixiénico e facemos aberturas de forma que os podemos encaixar para formar figuras.
Con esta actividade traballamos a motricidade fina ao tempo que fomentamos a creatividade.


XIRAMOS A PELOTA PARA QUE NON CAIGA.

A actividade que vos propoño esta semana é para traballar a coordinación óculo- manual e o equilibrio.

Para elaborar o xogo precisades unha tapa dunha caixa de cartón e catro tubos de papel hixiénico. 

Pintádelos e decorádelos ao voso gusto. En canto estea seco pegádelo coma no vídeo ou facendo o circuíto que máis vos guste e cunha pelotiña que entre polos tubos e xa podedes xogar!

Aquí tedes un exemplo de como se xoga!



A disfrutar!!!


GOMAS DE CORES

Esta semana imos seguir desenvolvendo a motricidade fina, nesta ocasión imos empregar gomas de cores.

QUE PRECISAMOS?

1 tubo de papel de cociña.
Témpera de cores.
Gomas de cores

COMO O FACEMOS?

Pintamos o tubo coas mesmas cores das gomas.
Temos que colocar cada goma no seu lugar.

Podemos empregar tantas gomas da mesma cor como desexemos, pero ollo! que non nos enleemos :)


A EXERCITAR ESOS DEDIÑOS!!















CIRCUÍTOS CON MACARRÓNS

Esta semana propóñovos  un xogo sinxeliño que favorece a concentración, e ao mesmo tempo a motricidade fina.

PRECISAMOS
1 cartón
Macarróns
Un cordón

COMO O FACEMOS?

Pegamos os macarróns no cartón facendo un circuíto ou camiño.






Intentamos pasar o cordón por todos os macarróns, facendo diferentes camiños.



ÁNIMOOO!!











IMOS DE PESCA

Esta semana propóñovos un xogo para practicar a motricidade fina e a coordinación. Aproveitando o bo tempo e que aos nenos e nenas lles encanta xogar coa auga!

PRECISAMOS
1palliña
gomas pequeniñas
un balde con auga

COMO O FACEMOS?
A Enchemos o balde con auga e metemos as gomas. Coa palliña temos que pescalas empregando só unha man.
Podemos tratar de collelas coa palliña na boca.

A ver cantas conseguides pescar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario