As nosas obras de arte

Chega o momento de CONVERTIRNOS EN ARTISTAS

Temos que ter en conta que os nenos e nenas están en proceso de experimentación, polo que temos que facilitarlles diferentes tipos de materiais e cores para que experimenten e desenvolvan a súa creatividade. Para iso é importanrte que os reforcemos positivamente, moitos deles aínda non fan debuxos reconocibles para o adulto, porén, son debuxos importantes para eles polo que debemos valoralos e nunca calificalos de chafalladas ou decirlles que eso non se fai así. Deste xeito, o único que conseguiremos é que deixe de intentar representar a realidade, e pediranos que o fagamos os adultos porque eles non saben. Se non lle gusta pintar con cera, pode empregar, rotu, témpera, acuarela... Debemos facilitarlle diferentes materiais e non obrigalos a empregar algo que non lles gusta.

Aquí podedes deixar as vosas obras de arte no noso museo. Estou desexando velas!

Hecho con Padlet

A PRIMAVERA

1ª SESIÓN: Chega a primavera, se estiveramos no cole, faríamos o mural oportuno, como nos atopamos nesta situación especial, adaptaremos a actividade para poder facer o mural de forma individual.

Para prepararnos para a realización do mural na seguinte sesión imos a traballar co círculo e o punto.

Debuxaremos con diferentes materiais e cores círculos e puntos, para que entendan a diferenza entre un círculo e un punto, xa que na seguinte sesión que vos propoña, vamos a darlles diferentes ordes con estes elementos.
Aquí vos deixo un exemplo.



2ª SESIÓN: IMPORTANTE: Os nenos e nenas NON PODEN SABER CAL VAI SER O RESULTADO FINAL.
Esta actividade saqueina do libro de Hervé Tullet: Diviértete talleres de arte. (Senón coñecedes este autor, merece moito a pena, recoméndovos TODOS os libros de Hervé Tullet, a calquera deles seguro que lle sacades moito partido).
A actividade está un pouco adaptada, xa que a idea era facela con moitos nenos e que foran cambiando de sitio e pintando todos ao mesmo tempo. Se teñen irmáns/ás, ou vos animades a facelo con eles, é moito máis divertido facéndoo entre todos/as.
Como xa practicamos con círculos e puntiños na sesión anterior, iomos dándolles diferentes instrucións para que vaian seguindo e crear así o noso cadro especial.

Precisamos:

-          Varios pinceis (senón tedes máis de un terán que ir lavando para cambiar de cor).
-          Papel continuo, mantel de papel do súper ou varios folios unidos.
-          Témperas de varias cores. (As instrucións están pensadas para témpera con pincel pero podedes empregar rotus, pinturas ou xices de cores).

As instrucións que deben seguir son as seguintes:

  1.   ¿Preparados? Debuxamos un puntiño.
  2.   Cambiamos de sitio. Agora debuxamos un punto un pouquiño máis grande.
  3.    Volvemos  a cambiar de sitio, non vos esquezades de cambiar de cor. Facemos outro punto máis grande estirando todo o que podades o voso brazo para facelo ben lonxe.
  4.  Cambiamos de sitio e facemos un punto moito máis grande e moito máis lonxe.
  5.  Agora imos a facer un círculo.
  6.  Outro círculo máis grande.
  7.   E outro, aínda máis grande.
  8.  Agora o círculo máis grande do mundo!
  9.  Levantámonos e deixamos caer o pincel.
  10. Cambiamos de sitio e volvemos a deixar caer o pincel dende arriba.
  11.  Agora chega o momento do sprint final: debuxamos puntos sobre puntos.
  12.  Puntos en círculos.
  13. Puntos ao redor de círculos.
  14. Círculos ao redor de manchas.
  15.  Círculos ao redor doutros círculos.
  16.   Paramos. Miramos o noso cadro e pintamos o que cremos que necesita: puntos, círculos, manchas ou incluso espirais.

  17.  Rematamos cos círculos, puntos e manchas. Vamos a converter o noso cadro nun CAMPO DE FLORES.

  18. As flores xa están aí. Só tedes que debuxar o talo e as folliñas. Engadide todo o que queirades e pasádeo xenial debuxando o voso CAMPO DE FLORES.

Adxúntovos un vídeo coas instrucións por se non queredes irlles lendo. Tede en conta que non poden ver o resultado final ata que eles cheguen a esa parte.

ESPERO QUE VOS GUSTE! NON VOS ESQUEZADES DE FIRMAR O VOSO CADRO!



FLORES DE PRIMAVERA

Seguimos experimentando coa estación na que nos atopamos, nesta ocasión empregaremos diferentes elementos para facer flores.

QUE NECESITAMOS?

Témperas de cores
Tubos de papel hixiénico
Garfos (tenedores)
Folios

COMO O FACEMOS?

Cortamos liñas pequeniñas nunha das beiras do tubo de papel hixiénico.










Mollámolo na témpera e empregámolo para debuxar.








Con esponxa ou cos dedos pintamos o centro da flor.













Mollamos os garfos ou tenedores na témpera e estampámolos para debuxar flores.







Cos dedos ou pincel debuxamos os talos e a herba.







É só unha idea, podedes empregar todos os materiais que se vos ocorran, e todas as variantes posibles con cada un deles.
ESTOU DESEXANDO VER AS VOSAS OBRAS DE ARTE


 Adxúntovos imaxes para traballar o recortado coa tesoira facilitadas pola editorial Santillana.





PELOS, PELOS

Esta semana propóñovos facer as nosas cariñas cuns pelos moi simpáticos.

QUE PRECISAMOS?
Témperas de cores
Rotus
Palliñas
Culler

COMO O FACEMOS?
Diluímos a témpera cunha pouca auga para que nos quede máis líquida e sexa máis doado mover a pintura.

Debuxamos a nosa cariña con todas as partes das que nos lembremos.







Collemos unhas gotiñas de témpera coa culler e poñémolas no lugar do pelo.





Coa palliña sopramos ata estender o pelo para que nos quede ben simpático




Así quedaron os nosos peliños :)




ESPERO QUE VOS GUSTE

O NOSO CORPO

Seguimos experimentando co noso corpo, nesta ocasión faremos un repaso do esquema corporal.
Para iso precisamos: papel continuo, matel de papel ou ben varios folios unidos.

O neno/a debe tumbarse no papel para poder debuxar a silueta, pode ser o neno ou nena o que debuxe a silueta doutro membro da familia.







Faremos que pensen sobre as diferentes partes do corpo, cantos brazos temos? cantas pernas? cantos dedos?







Despois decoraremos cada un como máis lle guste.








SEGURO QUE QUEDAN SILUETAS MOI SIMPÁTICAS!










SOMBRAS

Esta semana propóñovos unha actividade para aproveitar o bo tempo que nos acompaña.
Precisades diferentes bonecos, obxectos que vos apeteza debuxar.

Só tedes que colocalos de xeito que o sol proxecte a súa sombra nun papel para poder debuxalos.









Aquí vos deixo algúns exemplos:



AS NOSAS PEGADAS

Esta semana propóñovos unha actividade moi divertida.

Facendo as vosas pegadas intentade darlle forma de animal (ou do que a vosa imaxinación vos suxira)

Este é un exemplo pero podedes facer todo o que se vos ocorra!

Estou desexando velo :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario