jueves, 24 de octubre de 2019

Día das bibliotecas

O 24 de outubro, celebramos o día das bibliotecas. Falamos na clase da importancia do uso da biblioteca e das normas de funcionamento da mesma.
Decoramos a nosa medalla para levar para a nosa casa empregando colorante alimenticio e espuma de afeitar.


Fixemos un conto cooperativo, comenzaba na aula de 3anos A e nós continuamos a historia para que remataran os máis maiores de infantil.
Estampamos follas para facer o fondo da nosa páxina.

Mesturando colorante alimenticio amarelo e azul, conseguimos o verde que precisábamos para pintar cunha xeringa de plástico, o noso vermiño, que era o protagonista do conto. 
Así quedou a nosa páxina, esperamos que vos guste!




 Unha vez rematado o noso conto, fomos a coñecer a biblioteca do cole cos nosos compañeiros e compañeiras de infantil para escoitar o final do conto que iniciamos os nenos e nenas de 3 anos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario