Quedamos na casa

Olaaaaaa!!!

O primeiro espero que todos e todas e as vosas familias esteades mui ben!

Ante a situación que estamos a vivir, e, como parece que polo momento se vai alongar, decidín ir publicando diferentes actividades para que podades facer na casa cos nenos e nenas, de forma que vos poda axudar con ideas para que non se aburran e ao mesmo tempo sigan en contacto con contidos que fomos traballando na aula.

Antes de nada, cada un ten a súa situación personal, non é obrigatorio nin se vai ter en conta a nivel académico para o cole. Como xa dixen noutras ocasións, están en 3 anos e aínda lles queda moito por diante para traballar no cole, e isto non é o máis importante agora mesmo!

Como o facemos?

Vanvos ir aparecendo diferentes pestanas que clasifican un pouquiño o que vos propoño, a pesar de que se van traballar outras moitas cousas con cada actividade.

Eu non son de facer fichas, gústame traballar os contidos con xogos e de forma manipulativa, polo que as actividades que vos propoño serán nesta liña.

Comezaremos por adaptar as actividades do blogue de infantil no que se refire a lóxico- matemática e lecto- escritura ao nivel dos nenos e nenas, tendo en conta que dentro da aula hai diferentes niveis de desenvolvemento. Así, cada semana, adaptaremos o traballo que se vos propón no blogue do equipo de infantil, e ao mesmo tempo propoñereivos algunha actividade nova.

As pestanas que ides ver con propostas son as seguintes:

Lecto_escribimos

Mate_xogamos

Asamblea/Autonomía

Psico_aprendemos

As nosas obras de arte

En cada unha das pestanas, aparecerá ao comezo unha explicación de como o traballamos na aula; a continuación irei publicando as diferentes propostas, polo que podedes revisar semanalmente para comprobar se hai propostas novas.

Dende abalar, farei tamén algunha proposta para facer como grupo, para aquelas familias que podan e lles apeteza participar.

Espero que vos sexa de utilidade. Estou aberta a caquera tipo de suxerencia, esta situación é nova para todos/as e se algo non funciona gustaríame que mo comunicasedes.

MOITO ÁNIMO!! ESPERO VERVOS PRONTO

No hay comentarios:

Publicar un comentario