jueves, 30 de enero de 2020

cumple xaneiro



Chega o último venres de mes e, nesta ocasión, achegándonos ao Entroido, tócanos celebrar un cumple diferente.
Carla trouxolle aos seus compañeiros unhas máscaras de animais e pasámolo pipa!


Día da paz



O 30 de xaneiro conmemoramos o día da non violencia e da paz, para conmemoralo no cole decoramos os nosos patios, creando unhas árbores que lle dan vida. Para decoralos, nesta ocasió, dende a casa aportástedes os vosos corazóns que os nenos e nenas colocaron con ilusión.












Traballamos co conto de Elmer, e seguimos coa decoración do patio para darlle vida, cada clase pintou os cadros que lle correspondían, e quedounos así de bonito.





martes, 28 de enero de 2020

Que podemos facer nós?





Cando voltamos das vacacións de Nadal, os nenos e nenas de 4ºB de Educación de Infantil só falaban dunha cousa: "os Koalas quéimanse", "os koalas van desaparecer".






Tendo en conta que é o animal nocturno favorito de moitos nenos e nenas desta clase, decidimos facer un mural na nosa porta a modo de protesta e puxémonos mans á obra!!













Con diferentes materiais  e colaborando entre todos, expresamos o noso sentimento ao respecto!





Unha vez rematado, recollemos todas as cousas que nós pensamos que podemos facer para axudar a protexer os animais, xa que esta situación non nos gusta nadiña😓




 E así quedou a nosa porta, para que calquera persoa que entre na nosa aula sepa como temos que coidar os animais porque NON QUEREMOS QUE DESAPAREZAN.


domingo, 19 de enero de 2020

Inverno

Comezamos unha nova estación. Facemos unha paisaxe nevada para representar o frío do inverno.