jueves, 28 de noviembre de 2019

Cumples de novembro

Chega de novo o último venres de mes, e con el a celebración dos cumples deste mes, nesta ocasión os parabéns son para Augusto, Alba, Diego e Luca.

Encántanos celebrar os cumples dos nosos amigos e amigas. Cantar e bailar todos xuntos!




lunes, 25 de noviembre de 2019

Día contra a violencia de xénero

Para conmemorar o día contra a Violencia de Xénero, fixemos un "lazo humano" vestidos de cor violeta no patio.






As aulas de 3 anos, clasificamos diferentes tipos de xoguetes buscando se podían ser de nenos ou de nenas.









Pero neste cole, tanto os nenos como as nenas xogamos xuntos, os xoguetes son para xogar e non teñen xénero.


martes, 12 de noviembre de 2019

As nosas caras

Neste primeiro trimestre comezamos traballando o esquema corporal, centrándonos na cara, polo que empregamos diferentes elementos da natureza para representar os diferentes elementos da nosa cara. Parece sinxelo, pero costounos o noso!



Parecémonos??


Aproveitamos tamén elementos das celebracións propias do outono como o Samaín para seguir traballando os elementos da cara, quedáronnos unhas cabazas moi descaradas!



jueves, 7 de noviembre de 2019

Outono

Chega o outono, e con ela unha das épocas do ano que máis recursos da natureza nos proporciona par a traballar na aula.


Saímos de excursión ao patio dos maiores para recoller follas, clasificámolas en grandes e pequenas, iguais e diferentes e buscamos as características das follas que atopamos.

Facemos un mural de outono empregando papel de burbulla e témpera. 


Traballamos así, as diferentes cores que nos atopamos no outono.