martes, 30 de junio de 2020

DESPEDIDA

Chegamos ao final deste curso, sen dúbida un curso moi extraño. Dentro duns aniños estudiaredes nos vosos libros de historia esta epidemia e recordaredes que foi o voso primeiro ano no cole dos maiores.
Fixéstelo xenial durante todo este tempo, tanto vós como as vosas familias, por iso, quería dedicarvos un pequeno vídeo de despedida que espero que vos guste moito e que vos quede para o recordo.
Un bico grandísimo! Vouvos botar moito moito de menos💖


CUMPLES XUÑO

Rematamos o ciclo dos cumples este curso cos 4 aniños de Izía e Aroa. PARABÉNS!

jueves, 18 de junio de 2020

APADRIÑAMENTO FOFITO

Dende a aula de 4ºB de Educación Infantil, tras a visita de Cali, o gatiño de Augusto, e a súa historia fíxonos pensar en como podíamos axudar nós aos animais abandonados, e tendo en conta que no cole, non podemos ter animais e coidalos como se merecen, buscamos outra solución:  APADRIÑAMOS A FOFITO, por cuestión da alerta sanitaria non puidemos ir de visita nin darlle mimos e cariño ao noso afillado.
A nosa principal misión, era a de conseguir unha casiña para el, coa gran sorte de que hai uns días nos escribiron para contarnos que FOFITO ESTABA ADOPTADO!!



Animádesvos a apadriñar algún canciño da protectora e axudarlles ás/aos voluntarias/os a buscarlle familia?
Asociación Protectora de Animais e Plantas de Lugo

miércoles, 17 de junio de 2020

CONTOS DÍA DO LIBRO

Con motivo do día do libro, iniciamos unha actividade para crear entre todos/as un conto viaxeiro. Ao final fixemos catro contos para que non se alongaran demasiado as historias, empregando as imaxes que nos saíron nos dados de historias.


O resultado foi moi divertido, espero que no proceso tamén e desfrutasedes tanto como o fixen eu.

Estes foron os diferentes resultados!
Espero que vos gusten!

HUGO PUENTE E ÓSCAR FAN UN MINI-CONTO EMPREGANDO AS IMAXES DOS DADOS DE HISTORIAS





Todos os demais contos  teñen o mesmo comezo, a partir do inicio, seguindo as mesmas indicacións, cada un continua o conto onde o deixou o anterior e empregando as imaxes que nos saíron nos dados de historias ao longo dos contos.

ESTE É O RESULTADO DO PRIMEIRO CONTO



ASÍ QUEDOU O SEGUNDO CONTO...




O ÚLTIMO CONTO QUEDOUNOS MÁIS CURTIÑO PERO NON POR ISO MENOS BONITO





POR ÚLTIMO AGRADECER A PARTICIPACIÓN DE TODAS AS FAMILIAS, XA QUE SEN A VOSA COLABORACIÓN NON SERÍA POSIBLE A ACTIVIDADE :)

GRAZAS

domingo, 31 de mayo de 2020

CUMPRES MAIO

En maio Alicia, Vega e Sofía cumpren 4 aniños. PARABÉNS!





viernes, 15 de mayo de 2020

DÍA DA FAMILIA

Hoxe é o día da familia, quería aproveitar para felicitarvos a todos e todas pola gran labor que estades a facer nas vosas casas cos nenos e nenas nunha situación tan excepcional.
De non ser pola vosa colaboración e esforzo, todas as actividades e proxectos que vos propoñemos non serían posibles; por iso: GRAZAS, sodes unhas familias excepcionais!!
Por sorte, existen gran variedade de familias e aquí temos unha mostra de todas elas, a continuación déixovos o vídeo que elaboramos para conmemorar este día coas fotos que nos fostes mandando, espero que vos guste :)




Propóñovos unha actividade para que pasedes un anaco en familia, e así vos quede un recordo deste día, xa que este ano vai ser un día da familia moi peculiar polas circunstancias que estamos a vivir.

QUE PRECISAMOS?

1tarro de cristal
xices de cores
sal

COMO O FACEMOS?

Pintamos con xiz o sal, imos enchendo o bote, procurando que non coincidan as cores e con coidado para que non se mesturen. Podedes empregar as cores favoritas de cada un dos membros da familia. Seguro que vos queda un recordo precioso. Así quedou o noso!




Por último, déixovos unha receta moi especial.


ESPERO QUE DISFRUTEDES MOITO DAS FAMILIAS TAN EXCEPCIONAIS COAS QUE CONTADES!
Un bico moi grande :)

jueves, 30 de abril de 2020

CUMPLE ABRIL

Hoxe toca felicitar a Roi que cumpreu os 4 aniños!! PARABÉNS