jueves, 26 de septiembre de 2019

Semana do Clima

Esta semana celebramos a Semana do Clima. Polo que falamos na clase das consecuencias que estamos a vivir co cambio climático, vimos vídeos de animais que o están pasando mui mal pola nosa acción e non nos gustou nadiña.
Falamos da importancia das tres "R":
Reducir
Reutilizar
Reciclar
Fixemos unha posta en común con todo o cole, e dende o equipo de infantil fixemos as tres "R" reutilizando diferentes materiais.
 As clases de 3 anos empregamos papel de xornal e tapóns para decorar a "R".

Os nosos primeiros cumples no cole

Chega o último venres de Setembro e comezamos a celebrar os cumples da nosa clase. Como hai compañeiros e compañeiras que cumpren no verán, celebramos ademais dos cumples dos nenos/as que cumplen en setembro, tamén os dos nenos e nenas que cumpren en xullo e en agosto.


Cantámoslles o cumpleaños feliz...


















... e bailamos todos xuntos para celebralo.

 E por suposto, a parte que máis nos gusta, puxémonos as botas con lambadas que nos encantan e que só podemos comer en datas moi especiais.


O próximo mes máis e mellor!