jueves, 26 de septiembre de 2019

Semana do Clima

Esta semana celebramos a Semana do Clima. Polo que falamos na clase das consecuencias que estamos a vivir co cambio climático, vimos vídeos de animais que o están pasando mui mal pola nosa acción e non nos gustou nadiña.
Falamos da importancia das tres "R":
Reducir
Reutilizar
Reciclar
Fixemos unha posta en común con todo o cole, e dende o equipo de infantil fixemos as tres "R" reutilizando diferentes materiais.
 As clases de 3 anos empregamos papel de xornal e tapóns para decorar a "R".

No hay comentarios:

Publicar un comentario