viernes, 15 de mayo de 2020

DÍA DA FAMILIA

Hoxe é o día da familia, quería aproveitar para felicitarvos a todos e todas pola gran labor que estades a facer nas vosas casas cos nenos e nenas nunha situación tan excepcional.
De non ser pola vosa colaboración e esforzo, todas as actividades e proxectos que vos propoñemos non serían posibles; por iso: GRAZAS, sodes unhas familias excepcionais!!
Por sorte, existen gran variedade de familias e aquí temos unha mostra de todas elas, a continuación déixovos o vídeo que elaboramos para conmemorar este día coas fotos que nos fostes mandando, espero que vos guste :)




Propóñovos unha actividade para que pasedes un anaco en familia, e así vos quede un recordo deste día, xa que este ano vai ser un día da familia moi peculiar polas circunstancias que estamos a vivir.

QUE PRECISAMOS?

1tarro de cristal
xices de cores
sal

COMO O FACEMOS?

Pintamos con xiz o sal, imos enchendo o bote, procurando que non coincidan as cores e con coidado para que non se mesturen. Podedes empregar as cores favoritas de cada un dos membros da familia. Seguro que vos queda un recordo precioso. Así quedou o noso!




Por último, déixovos unha receta moi especial.


ESPERO QUE DISFRUTEDES MOITO DAS FAMILIAS TAN EXCEPCIONAIS COAS QUE CONTADES!
Un bico moi grande :)

6 comentarios:

  1. Que bonito chicas, gracias por este regalo 😉.

    ResponderEliminar
  2. Que bonito gracias polo traballo que esta des a facer

    ResponderEliminar
  3. 👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼Feliz día da familia ❗👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼

    ResponderEliminar
  4. Sen a vosa colaboración sería imposible! Grazas a vós por todo o esforzo!

    ResponderEliminar
  5. Moi bonito! Grazas polo traballo que estades facendo

    ResponderEliminar
  6. Que bonito o video! Gran traballo Noemi e todo equipo de infantil!

    ResponderEliminar