domingo, 8 de marzo de 2020

Semana da Prensa

Esta semana celebramos no cole a semana da prensa. En Educación Infantil fixémonos eco de diferentes animais que están en perigo de extinción e deixamos a nosa pegada para que non chegue o día no que teñamos que lamentar a desaparición dalgunha das súas. Na nosa clase centrámonos no koala.










Traballamos con diferentes noticias e vimos as partes que atopamos en cada unha delas.
Despois empregamos recortes de periódico para facer o noso koaliña, quedounos moi bonito!

No hay comentarios:

Publicar un comentario