miércoles, 26 de febrero de 2020

Visita de Cali

Visitounos na nosa aula Cali, acompañado de Augusto, a súa mamá, o seu papá e o seu hermanito para contarnos a súa historia.












Cali é un gatiño que apareceu no xardín da familia de Augusto, estaba ferido, tiña unha pupa moi grande no rabo, polo que o levaron ao veterinario para que o curara.
Finalmente tiveron que cortalle o rabo pero puido salvarse, e a familia de Augusto adoptouno e coidao moito.







Trouxéronnos un montón de fotos para que vísemos as cousas que máis lle gustan, como acompañar a Augusto ao autobús e xogar con el.
Son un exemplo a seguir! Polo que se gañaron con creces o noso diploma de especialistas en animais domésticos!


MOITAS GRAZAS POR CONTARNOS A VOSA EXPERIENCIA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario