Chega o último venres de mes e, nesta ocasión, achegándonos ao Entroido, tócanos celebrar un cumple diferente.
Carla trouxolle aos seus compañeiros unhas máscaras de animais e pasámolo pipa!
O 30 de xaneiro conmemoramos o día da non violencia e da paz, para conmemoralo no cole decoramos os nosos patios, creando unhas árbores que lle dan vida. Para decoralos, nesta ocasió, dende a casa aportástedes os vosos corazóns que os nenos e nenas colocaron con ilusión.


